Definimos podoloxía como a rama da medicina que ten como obxecto o estudo, diagnóstico e tratamento das enfermidades e alteracións que afectan ó pé.
O noso campo de acción comprende:
Quiropodoloxía
É a base fundamental do coidado do noso pé.
Habitualmente as persoas presentan alteracións dérmicas como son as coñecidas durezas ou calosidades, alteracións ungueais (fungos, uñas encarnadas) tanto en adultos coma en nenos.
Tamén non menos frecuentes os problemas inflamatorios e dolorosos das articulacións que nos impiden camiñar con normalidade.
É de importancia os pacientes de risco como os pacientes diabéticos, os cales precisan dunha maior atención.
Láser terapia
Tratamento láser: o máis rápido seguro e efectivo para os fungos das uñas.
Ata hai pouco os problemas por fungos en mans e pés era un problema sanitario cuxo tratamento era de limitado resultado e con efectos secundarios non desexados importantes.
Grazas á avanzada tecnoloxía, en Clínica Salva contamos co tratamento por láser terapia, este provoca un efecto térmico controlado que elimina as infeccións micóticas das uñas de xeito eficaz.
Estudo biomecánico
Nun grande numero de ocasións problemas da columna vertebral, xeonllos e nocellos van directamente relacionados cos nosos pés. O noso traballo, estar moitas horas de pé, a nosa forma de camiñar, o tipo de deporte que practicamos fai que necesitemos dunha boa estabilidade nos nosos nocellos e pé, pola contra teremos problemas locais e a distancia no noso corpo.
En Clínica Salva realizamos un estudo informatizado da marcha no que observamos aquelas zonas do pé sometidas a maior presión, observamos a distribución de cargas en ambos os dous pés, centros de gravidade e outra serie de valores indispensables para unha boa exploración tanto de forma estática coma dinámica.
Para iso contamos con plataforma estática e plataforma dinámicas informatizadas.
Soportes plantares
Son dispositivos ortopodolóxicos destinados ó tratamento dunha función anormal que poida repercutir nunha marcha dolorosa e desequilibrada.
Tras un estudo biomecánico da túa pisada valoraremos a utilización e elección do soporte plantar que máis se axuste ás necesidades dos teus pés.