A fisioterapia deportiva é a especialidade da fisioterapia que traballa coas diferentes patoloxías en relación coa práctica deportiva.
Como patoloxías mais comúns destacamos:
Lesións musculares e tendinosas como contracturas, sobrecargas, contusións, elongacións, distensións ,rotura de fibras, escordadura, capsulite, tendinite, ombro doloroso, fascitis.
Utilizamos diferentes técnicas manuais de tratamento como a masaxe deportiva, a terapia manual, estiramentos, osteopatía, propiocepción, kinesiotaping, cyriax…
E en aparatoloxía para reducir a inflamación e a dor: ultrasóns, correntes, infravermellos, microonda, parafina, presoterapia.
É primordial dentro da área deportiva unha boa prevención para evitar sobrecargas de repetición, malos hábitos e como consecuencia disto, futuras lesións, polo que un bo mantemento dos teus músculos é resultado dunha longa e segura práctica deportiva.