A fisioterapia neurolóxica é a encargada de aplicar unha serie de técnicas encamiñadas a tratar as secuelas que se produciron no paciente como consecuencia dunha lesión no sistema nervioso.
Tras a afectación existe un tempo de rehabilitación no que se forman novas conexións (Neuroplasticidade). Por iso mesmo, é moi importante estimular, guiar, corrixir e facilitar de xeito individualizado para cada lesión e cada paciente. Por este motivo, a mellor opción é un tratamento de rehabilitación individualizado.
Na fisioterapia neuroloxica irase aplicando unha serie de técnicas durante as diferentes sesións co fin de mellorar as capacidades físicas e as alteracións estruturais do paciente, desta forma. Rehabilitar ou mellorar a calidade de vida, eficacia dos seus movementos e a súa postura.
As afectacións neurolóxicas máis comúns son: a esclerose múltiple, o Parkinson, neuralxias, entre outros.
Utilizamos diferentes técnicas como a masaxe terapéutica, mobilizacións pasivas e activas, exercicios, kinesiotaping, kabat, propiocepción…
Nas patoloxías neurolóxicas é moi importante iniciar o tratamento o antes posible.