Dentro do campo da fisioterapia traumatolóxica e tras un bo diagnóstico médico e fisioterapéutico o plan de acción está dirixido a:
- Aliviar a dor
- Reducir la inflamación
- Recuperar a mobilidade
- Recuperar a funcionalidade do paciente
Entre as diversas doenzas que tratamos, encontramos:
- Patoloxías de la columna vertebral
- Tendinite, bursitis, fascitis, fracturas, luxacións e contusións, ombro doloroso, dores musculares
- Recuperación pre e postcirúrxica
- Disfunción cranio-mandibular (ATM)
- Accidentes de tráfico e laborais
En función de cada patoloxía e segundo as necesidades do paciente contamos con diferentes técnicas como son a masaxe terapéutica, a terapia manual, osteopatía, o kinesiotaping…
Ademais, o Centro dispón de diversos aparatos de última xeración necesarios para reducir a inflamación e calmar a dor, como, por exemplo: ultrasóns, correntes antiálxicas, infravermellos, microonda, baño de parafina.
Actualmente son numerosos os pacientes que acoden por problemas na columna vertebral como cervicalxias, dorsalxias, lumbalxias, ciáticas, hernias de disco. Se sofres de dores agudas, puntuais ou crónicas do pescozo e lumbares, un programa de sesións de fisioterapia para as costas pode ser unha opción moi interesante para reducir as molestias e os invalidantes síntomas dunha hernia de disco e dor ciática.