A fisioterapia reumatolóxica é unha especialidade da fisioterapia dedicada a aliviar a dor dos trastornos do aparato locomotor e do tecido conectivo. Abrangue un gran número de doenzas coñecidas en conxunto como enfermidades reumáticas. Principalmente trátase de doenzas que afectan e/ou danan articulacións, ósos, músculos, tendóns e fascias, etc.
Se tes problemas de artrose, artrite, osteoporose, fibromialxia, espondilite anquilosante, entre outras, en Clínica Salva podemos axudarche a mellorar a túa situación a través dun plan de tratamento individualizado.
As sesións deben planificarse en función da persoa e a fase na que se encontre a súa patoloxía.
Nos procesos agudos de enfermidade, por exemplo, centramos o tratamento en diminuír a dor e a inflamación. Para iso utilizamos técnicas de terapia manual suave e electroterapia (ultrasóns, correntes, infravermellos, microonda, parafina…).
Como terapia alternativa, o ioga é unha ferramenta fundamental para un bo mantemento corporal global e diminuír os síntomas.
Durante as etapas non agudas da enfermidade, nas que as molestias se presentan de xeito estable e controlada, recoméndase ó paciente realizar un tratamento de mantemento e prevención.