A fisioterapia é unha disciplina da saúde que ten por obxectivo a prevención, mantemento e recuperación da funcionalidade do corpo.
En Clínica Salva realizamos tratamentos de fisioterapia cun directo enfoque á atención personalizada e individualizada de cada paciente. Cada patoloxía ou lesión require un tratamento e planificación específica e personalizada, doutra forma non se obterían resultados óptimos.
En Clínica Salva realizamos tratamentos de fisioterapia nas distintas áreas:
Fisioterapia traumatolóxica
- Patoloxiás da columna vertebral (cervicalxias, dorsalxias, lumbalxias, ciáticas, hernias de disco…)
- Disfunción da mandibula (ATM)
- Recuperación pre e post quirúrxica
- Accidentes de tráfico e laborais
- Fracturas, escordaduras, contusións
Fisioterapia reumatolóxica
- Artrose
- Artrite
- Osteoporose
- Fibromialxia
Fisioterapia deportiva
- Patoloxías musculares (contracturas, sobrecargas, roturas fibrilares…)
- Lesións ligamentosas e articulares (escordaduras, condropatía rotular…)
- Tendinite, tenosinovitis, capsulite
- Masoterapia pre e post competición
Fisioterapia neurolóxica
- Hemiplexias
- Esclerose Múltiple
- Párkinson
- Neuralxias
Fisioterapia xeriátrica
- Perda da mobilidade funcional e mellora da calidade de vida