Clínica Salva ofrece ós seus clientes o servizo de Presoterapia. Para iso contamos coa máis moderna tecnoloxía.
Qué é a presoterapia e cómo funciona?
A presoterapia é un tratamento médico e estético que utiliza presión de aire para realizar unha drenaxe linfática. Actúa favorecendo o retorno da corrente sanguínea ascendente cara ao corazón. Deste xeito osixénanse os tecidos, favorécese a reabsorción de toxinas e combátense síntomas derivados da vida sedentaria como celulite ou inchazón de pernas.
Para realizar a presoterapia, utilízase unha máquina que con diferentes parámetros segundo cada cliente, proporciona a este a presión e o movemento do aire mediante uns cobertores que se poden colocar nos brazos, pernas e abdome.
Para quen está indicada?
Tanto por razóns estéticas coma por prevención de sintomatoloxía relacionada co sistema circulatorio, a presoterapia está indicada para:
- Persoas que levan unha vida sedentaria ou que realizaron unha viaxe longa
- Persoas que queren previr a aparición de celulite ou reducila
- Persoas que queren mellorar un problema médico: trastornos do sistema circulatorio: edemas, varices
- Recuperación tras unha operación para tratar os problemas de irrigación e vascularización que xorden tras unha intervención cirúrxica
Ten contraindicacións?
Buscaremos un tratamento alternativo á presoterapia en caso de:
- Problemas graves do sistema circulatorio-Pacientes oncolóxicos
- Embarazo: neste caso pódese aplicar sobre brazos e pernas con seguimento do xinecólogo ou obstetra
Cantas sesións debo facer de presoterapia?
Dende a primeira sesión de presoterapia nótanse os resultados sobre o sistema circulatorio, os profesionais de Clínica Salva orientarante sobre o tratamento que máis che convén e a súa duración.
Non hai un máximo de sesións de presoterapia recomendado, xa que é un tratamento moi favorecedor para o corpo e que axuda a combater problemas cotiáns relacionados coa circulación.
Le opinións de persoas que probaron a presoterapia en Clínica Salva
Probei a presoterapia despois dunha viaxe longa na que as miñas pernas estaban cansas e inchadas e notei inmediatamente o seu efecto. Por unha parte reláxate e ademais sentes que activa a túa circulación.
Lucía
Queres probar a presoterapia en Clínica Salva? Contacta con nós
Se queres compartir a túa experiencia con presoterapia en Clínica Salva envíanos unha mensaxe.